
BLOQUE 1
ESPAÑA, EUROPA E A GLOBALIZACIÓN

O mundo moderno xurde en Europa. En Eurasia naceron a Ilustración, a Revolución Industrial,... O clima bendecíu esta rexión cunha cantidade de precipitacións perfecta para poder cultivar a grande escala e un solo favorable para o florecemento das colleitas. Así medrou a poboación; as boas colleitas produciron excedentes para comerciar. Europa Occidental carece de verdadeiros desertos, as zonas xeadas e deshabitadas son ben poucas; os ríos son longos, planos, navegables, están feitos para o comercio... As diversas tribos da península Ibérica, que non puideron expanderse cara ao Norte e entrar en Francia, debido aos Pireneos, foron achegándose de xeito gradual, ata conformar España e Portugal.
Neste ambiente xeográfico medrou España, neste contexto desenvolveu a relación co resto do mundo.
- España en Europa - O lugar de España.
- A globalización, por Carolina García. Un mapa de Juan Pérez Ventura.
- Un exemplo de globalización: a viaxe dun forro polar vermello.
Os contrastes territoriais existentes en España son de diverso tipo: superficiais, demográficos, económicos,... de xeito que os contrastes visibles nos espazos produtivos se manifestan tamén a outros niveis: demandas culturais, accesos á rede, servizos especializados, etc. En todo caso, sempre son máis notables os contrastes entre grupos sociais intracomunitarios ca entre CCAA -a base da nosa organización territorial desde 1978.
- Desequilibrios territoriais en España, polo IGN.
- "Ordenación territorial e desequilibrios territoriais en España", por Manuel J. Santos Ledo.
- Presentación: Organización territorial e desequilibrios territoriais, por Javier Sebastián Marín.
- O Fondo de Compensación Interterritorial.
- Video: Desequilibrios territoriais en España.
- Indicadores de benestar social.