Bloque 1. A Xeografía
14.09.2017

"Cada recanto do planeta ten os seus propios trazos xeográficos, e estes son factores predominantes para determinar o que a xente pode facer e o que non", escribe Tim Marshall en "Prisioneros de la geografía".
A Xeografía ofrece unha visión xeralista do coñecemento que establece interaccións entre o planeta Terra e os seus habitantes. E, para manifestalas, exprésase mediante mapas, mapas topográficos, mapas temáticos, diversos métodos cartográficos... Abranguendo sempre a noción de paisaxe.
Resulta, por outra banda, ben interesante, aproximarse á xeopolítica.