Vocabulario

ALUVIÓN
ALUVIÓN

1. Aluvión: Depósito de materiais detríticos, transportado e depositado de xeito transitorio ou permanentemente por unha corrente de auga. Habitualmente, está composto por areas, gravas, arxilas ou limos, acumulándose nas canles das correntes, nas chairas inundables e nos deltas.

FOZ
FOZ

2. Foz: é un val estreito e profundo, rodeado por paredes casi verticais, excavada polos ríos en terreos calizos. A foz do Xúquer e do Huécar son bos exemplos.

MESETA
MESETA

3. Meseta: superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordos poden ser montañosos. En España é a unidade principal do relevo peninsular, resto do antigo macizo xurdido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordos montañosos.

TECTÓNICA DE PLACAS
TECTÓNICA DE PLACAS

4. Tectónica de placas: Teoría que explicou a deriva continental e outros fenómenos. Asuperficie exterior da Terra consiste en aproximadamente dez bloques ou placas ríxidas. Estas transportan os continentes e os solos oceánicos, están en constante movemento e son a causa de moita actividade xeolóxica (formación de montañas, volcáns e terremotos). As placas sofren tres tipos básicos de movementos: sepáranse, converxen e deslízanse.

RÍA
RÍA

5. Ría: Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado conmovementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes. Exemplos característicos son as rías galegas: Altas e Baixas.

TÓMBOLO
TÓMBOLO

6. Tómbolo: é unha forma de relevo litoral, de orixe sedimentaria, que forma unha estreita lingua de terra entre unha illa ou unha grande rocha alonxada da costa e terra firme. Un exemplo sería o istmo areoso que une o peñón de Xibraltar co resto do continente. 

ZÓCOLO
ZÓCOLO

7. Zócolo: Chaira ou meseta formada na era primaria ou paleozoico, como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son ríxidas e ante novos empuxes oroxénicos fractúranse ou rompen. Na actualidade, os zócolos constitúen relevos horizontais que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.

MACIZOS ANTIGOS
MACIZOS ANTIGOS

8. Macizos antigos: son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque como consecuencia do movemento oroxénico alpino; son materiais paleozoicos. Estes macizos presentan cumes suaves e arredondados. Na Península, constitúen macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica.

CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO
CORDILLEIRAS DE PREGAMENTO

9. Cordilleiras de pregamento: son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense 2 tipos: -Cordilleiras intermedias, pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica); - cordilleiras alpinas, pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pireneos e cordilleiras Béticas). Teñen fortes pendentes e formas escarpadas.

CUNCAS SEDIMENTARIAS
CUNCAS SEDIMENTARIAS
10. Cuncas sedimentarias ou depresións: zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos de calcaria, arxila, arenitos e margas. As cuncas sedimentarias son de 2 tipos: as cuncas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo a causa das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana); e as depresións prealpinas, localizadas a ambos os lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). As cuncas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores.
ARIDEZ
ARIDEZ

11. Aridez: termo que indica sequidade, falta de humidade. O índice de aridez establece a relación entre as chuvias e o poder desecante da evaporación, representada polas temperaturas.

BARLOVENTO
BARLOVENTO

12. Barlovento: aba dun relevo montañoso que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposto ao fluxo ascendente do aire. A aba de sotavento, polo contrario, queda exposta ao fluxo descendente.

INVERSIÓN  TÉRMICA
INVERSIÓN TÉRMICA

13. Inversión térmica: incremento da temperatura do ar ao aumentar a altura, cando debera de diminuír segundo o gradiente adiabático normal. O ar máis cálido atópase sobre o máis frío. A nivel do solo, é resultado da irradiación nocturna con ar en calma e ceodespexado nunha situación anticiclónica invernal.

ISÓBARA
ISÓBARA

14. Isóbara: é unha isoliña que, nun mapa meteorolóxico, une os puntos que teñen a mesma presión atmosférica ao nivel do mar. O conxunto de todas elas configuran os cambios de presión. Habitualmente represéntanse os múltiplos de 4 hPa (hectopascais) ou mb (milibares) (1000, 1004, 1008, 1012,...), unidade de medida da presión.

ISOHIETA
ISOHIETA

15. Isohieta: isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas.

AVESEDO
AVESEDO

16. Avesedo (umbría): é unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val exposta á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte.

LAURISILVA
LAURISILVA

17. Laurisilva: é un bosque nuboso subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores, que en España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación, alí onde o "mar de nubes" -determinado pola afluencia dos alisios-permite o seu crecemento.

MAQUIS
MAQUIS

18. Maquis ou maquia é un ecosistema de matogueira mediterránea, formación de especies perennifolias, principalmente arbustivas, que soe refuxiarse sobre solos silíceos. Os madroños, as xaras, os brezos, lentiscos, romeus e outras especies son características desta formación, de maior porte xeralmente que as garrigas.

VEXETACIÓN CLÍMAX
VEXETACIÓN CLÍMAX

19. Vexetación clímax, natural ou climácica é a vexetación que se ten establecido por si mesma nun determinado ambiente, cunhas determinadas condicións climáticas, sen intervención da man do home; é, polo tanto, unha vexetación en estado de equilibrio dun ecosistema local, a que medra de xeito espontáneo sen intervención antrópica. Hoxe en día, por mor das repoboacións forestais e outros mecanismos da silvicultura, está en retroceso en todos os ecosistemas do planeta.

VEXETACIÓN ANTRÓPICA
VEXETACIÓN ANTRÓPICA

20. Vexetación antrópica: é aquela que sustitúe á vexetación natural por mor da sustitución de especies operada polo ser humano, que ten introducido novas especies vexetais para un aproveitamento agrícola ou silvopastoril mediante sistemas de repoboación forestal, entre outros. Un exemplo ben característico en Galicia é a presenza masiva do eucalipto no litoral, utilizado esencialmente na industria papeleira e de taboleiros. Moitas veces, a vexetación introducida inclúe especies invasoras:

LANDA
LANDA

21. Landa: formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matogueiras como a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3 m de altura. É característica da España húmida, asentándose sobre solos pobres e pouco aptos para o cultivo.

CUNCA FLUVIAL
CUNCA FLUVIAL

22. Cunca fluvial ou hidrográfica é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas -liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas, e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos‐.

ESTIAXE
ESTIAXE

23. Estiaxe: caudal mínimo que acada un río ou lagoa en determinadas épocas do ano, debido específicamente á seca. O termo deriva de estío ou verán, período do ano en que se producen as mínimas precipitacións no clima mediterráneo, predominante na Península Ibérica. A estiaxe está asociada non só ao déficit de precipitacións, senón tamén ao incremento da evapotranspiración por elevación das temperaturas medias.

MARISMA
MARISMA

24. Marisma:  Terreo pantanoso situado por debaixo do nivel do mar, con auga salgada de procedencia mariña.

EFECTO INVERNADOIRO
EFECTO INVERNADOIRO

25. Efecto invernadoiro: fenómeno polo cal determinados gases, que son compoñentes da atmosfera planetaria, reteñen parte da enerxía que o solo emite por ter sido quentado pola radiación solar. Actualmente, a emisión de certos gases como o dióxido de carbono e o metano (GEI), causados polo incremento industrial da actividade humana, estase a ver acentuado, tendo como consecuencia máis visible o incremento da temperatura media terrestre a nivel de superficie, o que podería influir a medio prazo no cambio climático.

PAISAXE
PAISAXE

26. Paisaxe é o aspecto que adquire o espazo xeográfico. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas. Toda paisaxe está composta por elementos que se artellan entre sí. Estes elementos son de tres tipos: abióticos (non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana).

PARROQUIA
PARROQUIA

27. Parroquia é unha unidade administrativa de base relixiosa, que organiza o territorio a partir dos membros pertencentes a unha mesma freguesía. Esta institución apareceu en Galicia na época sueva e mantense ata a actualidade.

MUNICIPIO
MUNICIPIO

28. Municipio é a entidade territorial básica, onde se asenta a poboación; ten competencias da administración local: seguridade en lugares públicos, ordenación do tráfico de vehículos e persoas, protección civil, prevención e extinción de lumes, planeamento urbano, parques e xardíns públicos, pavimentación e conservación das rúas e vías rurais, tratamento de augas residuais, etc. En España hai máis de 8.000 municipios.

PROVINCIA
PROVINCIA

29. Provincia: Entidade local con persoalidade xurídica propia, segundo  a Constitución de 1978. Constitúe unha agrupación de municipios que se creou por primeira vez coa división de Javier de Burgos en 1833. Hai 50 provincias na España actual.

COMUNIDADE AUTÓNOMA
COMUNIDADE AUTÓNOMA

30. Comunidade autónoma: Entidade territorial que está dotada de goberno autónomo, con capacidades executivas, lexislativas e xudiciais establecidas nun Estatuto de Autonomía. A estrutura de España na Constitución de 1978 fixa a existencia de 17 CCAA, ás que se engadiron máis tarde 2 cidades autónomas (Ceuta e Melilla).

ESTATUTO DE AUTONOMÍA
ESTATUTO DE AUTONOMÍA

31. Estatuto de autonomía: Norma institucional básica de cada Comunidade ou Cidade Autónoma recoñecida pola Constitución de 1978 no seu artigo 147. A súa aprobación lévase a cabo mediante Lei Orgánica, que require o voto da maioría absoluta do Congreso dos Deputados.

MOVEMENTOS ANTIGLOBALIZACIÓN
MOVEMENTOS ANTIGLOBALIZACIÓN

32. Movementos antiglobalización: Son unha corrente de protesta mundial que inclúe a ducias de grupos de diferentes países que teñen en común o seu rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal (baseado nunha política macroeconómica que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social). Nestes movementos danse cita colectivos que inclúen sindicatos, intelectuais de esquerda, ecoloxistas, indixenistas ou grupos desfavorecidos que acusan ao sistema económico de amoral e inxusto.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

33. Obxectivos de desenvolvemento sustentable: Son obxectivos fixados pola ONU coa finalidade de mellorar as condicións humanas globais (erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr o ensino primario universal; promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller; reducir a mortalidade infantil; mellorar a saúde materna; combater a SIDA, paludismo e outras enfermidades; garantir a sustentabilidade do medio ambiente; fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento).

POBOACIÓN ACTIVA
POBOACIÓN ACTIVA

34. Poboación activa: é aquel sector da poboación que se atopa en idade apta para traballar (16 a 65 anos). Se está empregada denomínase poboación activa ocupada; se está en paro, poboación activa desocupada ou desempregada.

ESPERANZA DE VIDA
ESPERANZA DE VIDA

35. Esperanza de vida: Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Obtense a partir das táboas de mortalidade. A esperanza de vida é maior nas mulleres que nos homes, situándose en 2013 en 85,6 anos para as mulleres e 79,97 para os homes (en España).

RÉXIME DEMOGRÁFICO
RÉXIME DEMOGRÁFICO

36. Réxime demográfico:  Período correspondente ao modelo de transición demográfica cunhas determinadas características canto ao comportamento da natalidade e da mortalidade, coa conseguinte repercusión no crecemento natural ou vexetativo. No antigo réxime demográfico, as altas taxas de natalidade e mortalidade dan lugar a un crecemento vexetativo escaso. No réxime demográfico moderno, as taxas de natalidade e mortalidade son moi baixas.

CENSO DE POBOACIÓN
CENSO DE POBOACIÓN

37. Censo de poboación: É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado, achéganos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos, renda, etc

CRECEMENTO VEXETATIVO
CRECEMENTO VEXETATIVO

38. Crecemento vexetativo ou natural dunha poboación é a diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións dunha poboación nun determinado período de tempo. Calcúlase restando á taxa de natalidade a taxa de mortalidade. A taxa de crecemento vexetativo considérase alta se supera o 4%, moderada se se atopa entre o 1% e o 2%, e baixa se é inferior ao 1%.

TAXA DE FECUNDIDADE
TAXA DE FECUNDIDADE

39. Taxa de fecundidade: Pon en relación o número de nacidos vivos nun ano determinado co número de mulleres en idade de procrear, isto é, entre os 15 e os 49 anos.

PADRÓN MUNICIPAL
PADRÓN MUNICIPAL

40. Padrón municipal de habitantes: rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada cá do censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características, polo que é un dato de vital importancia para os concellos, xa que reciben reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan.

ACUICULTURA
ACUICULTURA

41. Acuicultura: É o conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento. É moi significativa en Galicia, e está restrinxida aun pequeno abano de especies, principalmente peixes, moluscos e crustáceos, en función da súa importancia económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e limitada espacialmente á beiramar ou ás augas continentais.

AGRICULTURA ECOLÓXICA
AGRICULTURA ECOLÓXICA

42. Agricultura ecolóxica: Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xeneticamente modificados (OXMs) -nin para fertilizante nin para combater as pragas-, logrando deste xeito obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio.

DENOMINACIÓN DE ORIXE
DENOMINACIÓN DE ORIXE

43. Denominación de orixe: É un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola do que a calidade ou características se deben fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora. Os produtores que se acollen á denominación de orixe comprométense a manter a calidade o máis alta posible e manter certos usos tradicionais na produción. Un consello regulador autoriza a exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras. Esta figura facilita o acceso de produtores a mercados nacionais e internacionais.

DESAGRARIZACIÓN
DESAGRARIZACIÓN

44. Desagrarización. : Concepto que fai referencia á perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das institucións sociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social. En toda España tense producido este proceso, especialmente desde finais dos anos setenta.

EXPLOTACIÓN INTENSIVA
EXPLOTACIÓN INTENSIVA

45. Explotación agraria intensiva: é aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva obtén unha forte productividade, sobre terreos moitas veces de extensión reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.

POLÍTICA PESQUEIRA COMUNITARIA
POLÍTICA PESQUEIRA COMUNITARIA

46. Política Pesqueira Comunitaria: Política da UE que defende: a) a protección das poboacións contra a sobrepesca; b) garantir unha renda digna para os pescadores; c) garantir o subministro regular dos consumidores e da industria de transformación a prezos razoables; d) a explotación sostible dos recursos mariños vivos desde os puntos de vista biolóxico, medioambiental e económico promocionando a acuicultura.

SILVICULTURA
SILVICULTURA

47. Silvicultura: Actividade que trata do cultivo demontes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou resinas, pero que tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a conservación de hábitats naturais -susceptibles de integrarse en parques naturais protexidos-e o desenvolvemento de espazosrecreativos.

ENERXÍAS RENOVABLES
ENERXÍAS RENOVABLES

48. Enerxías renovables: Son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.

FONDOS ESTRUTURAIS
FONDOS ESTRUTURAIS

49. Fondos Estruturais: son instrumentos da UE encamiñados a promover un desenvolvemento armonioso do conxunto da Unión, reequilibrando as rendas existentes entre rexións ricas e pobres da UE. Entre os máis importantes están: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE).

SUBCONTRATACIÓN
SUBCONTRATACIÓN

50. Subcontratación, outsourcing ou tercerización é o proceso económico no que unha empresa move ou destina os recursos orientados a cumplir certas tarefas cara a una empresa externa por medio dun contrato. Por exemplo, unha compañía dedicada ás demolicións pode subcontratar a unha empresa dedicada á evacuación de residuos para a tarefa de desfacerse dos escombros das unidades demolidas.

INDUSTRIAS VERDES
INDUSTRIAS VERDES

51. Industrias verdes: son aquelas na que o valor central non é o crecemento económico senón o desenvolvemento sostible -a través do respeto ao medio ambiente e o uso preferente de enerxías alternativas ou renovables-. Unha industria verde crea valor económico, medioambiental e social. Por tanto, nelas un valor fundamental é o de evitar a contaminación industrial e o deterioro da paisaxe. Son industrias verdes moitas das que se concentran en parques tecnolóxicos do Estado.

MATERIAS PRIMAS ESTRATÉXICAS
MATERIAS PRIMAS ESTRATÉXICAS

52. Materias primas estratéxicas: son aquelas que acadan nos mercados internacionais un valor notable pola súa asociación a industrias de tecnoloxía punta e a escaseza das mesmas. Ademáis dos tradicionais petróleo, gas e uranio, están na lista outras que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundial e que son clave por razóns políticas ou estratéxicas para a economía das potencias, as grandes multinacionais e para o sector armamentista: coltan, diamantes, manganeso, cobalto, aluminio, cobre, xermanio, grafito, cromo, níquel, platino, titanio,...

PARQUE TECNOLÓXICO
PARQUE TECNOLÓXICO

53. Parque tecnolóxico: é unha instalación industrial que: a) mantén relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras institucións de educación superior; b) está diseñado para alentar a formación e crecemento de empresas baseadas no coñecemento e doutras organizacións de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque; c) posúe un organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre as empresas e organizacións usuarias do parque. Os parques tecnolóxicos de Tres Cantos (Madrid) ou Zamudio (Biscaia) son exemplos característicos en España.

BALANZA COMERCIAL
BALANZA COMERCIAL

54. Balanza comercial: é o rexistro de importacións e exportacións dun país nun determinado período. O saldo da balanza comercial é a diferenza do total das exportacións e o total das importacións que se manexan nun país. É excedentaria cando o valor das exportacións supera ao das importacións; é deficitaria en caso contrario.

ECONOMÍA SOMERXIDA
ECONOMÍA SOMERXIDA

55. Economía somerxida: Conxunto de actividades económicas que se desenvolven clandestinamente e escapan ao control fiscal e ás leis e normativas laborais.

ECOTURISMO
ECOTURISMO

56. Ecoturismo: tendenza do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Nestas actividades turísticas priviléxiase a sustentabilidade, apreservación, a apreciación do medio natural e cultural; preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o medio e acomunidade local, e mantendo sempre un respecto ético polas leis laborais e os dereitos humanos dos traballadores implicados.

FRANQUÍA
FRANQUÍA

57. Franquía: consiste na utilización do modelo de negocios doutra empresa ou persoa. É unha "concesión de dereitos de explotación dun produto, actividade ou nome comercial, outorgada por unha empresa a unha ou varias persoas nunha zona determinada." A marca comercial distingue ao franquiciador por un determinado "saber facer" (know-how) e unha formación impartida aos franquiciados. As franquicias, polo xeral, concédense para un período e territorio determinados.

TAXAS AEROPORTUARIAS
TAXAS AEROPORTUARIAS

58. Taxas aeroportuarias: son o prezo que en moitos países pagan os viaxeiros, tanto en voos nacionais como internacionais, polo uso dos aeroportos.

ÁREA SUBURBANA
ÁREA SUBURBANA

59. Área suburbana: é un espazo periférico das zonas metropolitanas no que se produce unha gradual transición cara ás áreas rurais. Nestes espazos prodúcense mesturas de usos do solo (residenciais, industriais, comerciais, agro-silvo-pastorís,...) que conlevan a heteroxeneidade da poboación e unhas densidades demográficas máis reducidas que na urbe central. Os movementos pendulares son continuos cara á urbe central, dada a vinculación laboral e funcional dos residentes nestes espazos de "banlieue".

ÁREA METROPOLITANA
ÁREA METROPOLITANA

60. Área metropolitana: Rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades-dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo organizado de xeito centralizado.

PXOU
PXOU

61. Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU): Instrumento de ordenación integral doterritorio. Contén a clasificación do solo, definición dos elementos fundamentais daestrutura xeral do territorio (como poden ser fixar os espazos libres, de equipamentocomunitario, os sistemas xerais de comunicación etc.), desenvolvemento, execución ea vixencia do plan. Adoita ser municipal, Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

XENTRIFICACIÓN
XENTRIFICACIÓN

62. Xentrificación: (termo británico: gentrification) é o proceso co que coñecemos as transformacións producidas no interior de certos barrios do casco histórico, mediante as cales estes sectores antes marxinais e con poboación de escasos recursos se ve substituída por grupos sociais de alto poder adquisitivo. Estes grupos levaron a cabo a rehabilitación e posta en valor de espazos centrais que adquiren un novo pulo por mor da súa centralidade. A revalorización do solo residencial do casco histórico a finais do século XX está asociada a este proceso, aínda que nos cascos históricos conviven grupos de baixo nivel de renda e alugueres de renda antiga en edificacións moito máis deterioradas.

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, Perillo (Oleiros). xosea17@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar